Visualizacións de páxina totais

domingo, 8 de novembro de 2015

SAMAÍN 2015

Este é un resumo en imaxes das actividades que se realizaron ao longo das datas do Samaín-halloween deste ano. Contos de medo na biblioteca, inventando historias de medo en infantil, decoracións do cole, exposición de cabazas e entrega de diplomas, obradoiro de maquillaxe e moita música de medo....


xoves, 11 de xuño de 2015

CONVIVENCIA CON QUIROGA

Esta mañá collemos o bus e marchamos a pasar unhas horiñas coas nenas e nenos de Quiroga, alí disfrutamos dunha xornada na que puidemos achegarnos a coñecer un pouco máis aos membros da Garda civil e do Seprona de Quiroga e o Caurel, con eles puidemos subirnos aos seus coches e motos, facer soar as sereas, probar os seus cascos, chalecos... falar con eles e coñecelos un pouco máis de cerca.
Logo disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.

mércores, 3 de xuño de 2015

CONTACONTOS NO SIL

Hoxe mércores 3 de xuño marchamos á beira do Sil a escoitar as fermosas historias que nos trouxo Anxo Moure no seu saquiño dos contos. Seica veu dende Chantada montado no seu nubinete ata o parque do río de San Clodio.



martes, 2 de xuño de 2015

VISITA A CASTRO CALDELAS

O 29 de maio marchámonos de viaxe de fin de curso a Castro Caldelas e estes foron algúns dos mellores momentos.


luns, 18 de maio de 2015

Letras Galegas 2015

No día das Letras Galegas quixemos traballar dun xeito especial colaborando cos compañeiros en equipos que nós mesmos formamos, para entre todos crear un cómic en galego. Este foi o resultado e ben contentos que estamos.


UNHA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA

Este foi o proceso que seguimos ta chegar a Xerman na nosa biblioteca. Toda unha experiencia!.



xoves, 23 de abril de 2015

O DÍA DO LIBRO

Disfrutando dunha lectura apadriñada a carón do río Sil para celebrar esta data tan especial.


domingo, 12 de abril de 2015

O TRAXE NOVO DO REI

 O xoves día 9 puidemos disfrutar dunha divertida tarde de títeres na nosa biblioteca grazas á colaboración do concello de Ribas de Sil.
 E é que un conto ben contado sempre deixa un pouso fermoso na alma de todos aqueles que o escoitan.



domingo, 22 de marzo de 2015

O DÍA DA ÁRBORE

Con motivo da celebración do Día da árbore fomos todas e todos a plantar un acrivro ao que bautizamos co nome de "PINCHIÑOS" á beira do río Sil.





E logo pola tarde estivemos na biblioteca disrutando das lecturas apadriñadas relacionadas coas nosas árbores, que as nenas e nenos de primaria fixeron cos de infantil. Foi unha experiencia ben fermosa e divertida para todos.




domingo, 1 de marzo de 2015

NO DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía, levamos a cabo varias actividades na nosa escola. Empezamos o día escoitando algúns poemas da nosa Escritora musicados por Amancio Prada e máis tarde elaborouse un vitral para a biblioteca co seu retrato. Por último, xuntámonos todos para recitar un dos poemas máis coñecidos da autora "Castellanos de Castilla", ao lado das vías do tren que tantos galegos levou a facer a seitura en terras de Castela anos atrás, e aos que se refire este fermoso poema. Estas on algunhas das imaxes do día.

 

 Podedes escoitarnos pinchando aquí

sábado, 14 de febreiro de 2015

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Este ano fixemos unha pequena aproximación ao Entroido tradicional galego por iso se fixo unha  mostra das personaxes de Entroido máis coñecidas en Galicia.






Así tamén os máis pequerrechos do cole prepararon unha destas máscaras e pasarono en grande disfrutando do "Xogo do Cigarrón".



A FESTA DE ENTROIDO

Chegado o venres era xa tempo de facer festa grande asi que a pesar da choiva nós non desanimamos e fixemos festa grande, con disfraces dende a mañá cedo, un bo cocido preparado por Javier o noso gran cociñeiro, acompañado de orellas e roscas que nos axudou a preparar Estela e para rematar ben o día, música e xogos toda a tarde. Ufff pasámolo requetexenial acompañados das nosas familias.
 Que viva o Entroido!





O MECO

Ao longo desta semana de Entroido tivemos unha visita no cole que nos deu instrucións moi precisas para disfrutar a tope destes días de festa. Pasámolo xenial!





XOVES DE COMADRES

E como non podía ser dotro xeito estas son as nosas comadres. Ala que chulada!




XOVES DE COMPADRES

Aquí vos presentamos aos nosos fastuosos compadres. Verdade que molan!







martes, 10 de febreiro de 2015

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO


O pasado xoves 5 de febreiro tivemos con nós  a Julio Mosquera, un enxeñeiro  informático que nos explicou como facer un uso responsable das novas tecnoloxías. Presentounos o plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, a través do cal podemos ver como a internet, a pesares  de ser unha ferramenta imprescincible hoxe en día para o traballo e a educación, non está exenta de riscos. Coa fin de evitalos, este plan ofrécenos unha serie de guías de bo uso, dirixidas aos pais, nais, profesores e alumnos.
Este é o enlace a esta boa iniciativa:

xoves, 5 de febreiro de 2015

martes, 27 de xaneiro de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Estas son algunhas das cousiñas que fixemos ese día.

Dende aquí queremos agradecer o traballo de Pablo Vidal por  compartir con todos nós estas imaxes.