Visualizacións de páxina totais

sábado, 25 de marzo de 2017

SEMANA DA AUGA E A ÁRBORE

Na semana do 20 ao 24 de marzo de 2017. O día 21 celébrase o Día Mundial da auga e o 22 o Día Mundial da árbore, dende a biblioteca do Ceip de San Clodio, quixemos unirnos a esta celebración e en colaboración coa Diputación de Lugo, realizáronse no noso centro diferentes actividades como unha lectura apadriñada dos maiores de primaria para as nenas e nenos de infantil e 1º de primaria dun conto co que nos agasallaron dende a Diputación así como dunha pequena árbore, " un ameneiro", a plantación deste ameneiro nun terreo cedido polo Concello de Ribas de Sil, a investigación sobre as carácterísticas desta árbore e a súa preferencia por terreos próximos a lugares húmidos, polo que é moi acaida neste caso para vivir en San Clodio, a carón do río Sil. O bautizo desta co nome de Claudio, escollido por sorteo na biblioteca e un pequeno mural no que o debuxamos entre todos.

 

mércores, 15 de marzo de 2017

CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA

Dentro das actividades de colaboración con distintas entidades do noso entorno, este ano temos a sorte de poder contar coa posibilidade de cos axentes do Seprona, se acheguen ata o noso centro. Así na biblioteca do noso cole o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é súa a labor de protección do medio ambiente e aprender cómo podemos colaborar nós a esta tarefa tan importante para todos.




A BIBLIOTECA ACOLLE AO PLAN DIRECTOR

O día 29 de xaneiro tivemos con nós na biblioteca do cole a Ramón, un membro do corpo da Garda Civil, que nos veu a explicar moitas cousas interesantes sobre o racismo e a xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria. Unha charla informativa incluída  no Plan Director da Garda Civil coa que dende a nosa biblioteca queremos colaborar.


CARTAS POLA PAZ

Este ano ao igual que en anos anteriores quixemos xuntarnos todos na nosa biblioteca para festexar unha data moi importante para todos nós, o Día da Paz. Así foi como puxemos en común as cartas, poemas e debuxos que con motivo da celebración deste día elaboramos as nenas e nenos do Ceip de San Clodio para enviarllelas aos nosos amigos e amigas do Ceip Ricardo Gasset do Incio, adeamis de escoitar a fermosa interpretación que os mais maiores do noso cole fixeron do  Himno da alegría.
Un bo momento para disfrutalo en boa compaña.