Visualizacións de páxina totais

martes, 30 de maio de 2017

RECIBIMOS CARTA DENDE O INCIO

Desta vez fomos nós os que recibimos carta e esta viña dende Ceip Ricardo Gasset do Incio. Sentamos todos xuntos para abrir o sobre, e era un sobre ben grane, no que viñan unha chea de cousiñas interesantes, coas que as nenas e nenos deste cole se presentan e ademais nos agasallan cuns contiños e libriños que eles elaboraron para festexar as Letras Galegas.
Estes contos e as súas cartas de presentación acompañaránnos nos vindeiros días nas nosas aulas e seguro que con eles os poderemos coñecer moito mellor. Moitas grazas para as nosas amigas e amigos do Incio por estes fermosos traballos.









PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO

O luns 29 de maio, tivemos a oportunidade de participar no programa " Hoy por hoy" da Cadena Ser. Un programa en directo emitido dende San Clodio, adicado integramente ao noso concello, Ribas de Sil. Este programa dirixido polo locutor Juan Carlos Rodríguez emitíuse para toda a provincia de Lugo. Todo o alumnado de primaria acudiu ao salón de actos do concello para poder coñecer dende dentro como se fai un programa de radio.
Foi toda unha experiencia, e gustounos moito poder participar ao lado do noso Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega, a deputada de cultura da Diputación de Lugo, Pilar García Porto, o Tenente de alcalde Roberto Castro e Manuel Cao, quen foi parte do noso colexio ata non hai moitos anos como director e tamén profesor xunto á súa dona Pepita, entre outros. Con todos eles compartimos unha xornada moi entretida e na que aprendemos moitas cousiñas interesantes da historia do noso concello e dos plans de presente e tamén do futuro para Ribas de Sil.

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

No noso cole gústamos moito divertirnos por iso na semana das Letras Galegas nos adicamos a disfrutar do galego a través do teatro e os obradoiros nos que a a partir dun fermoso conto chegamos a aprender a facer pan, e ainda algo máis incrible, a utilizar a masa para crear un cadro cheiño de arte, arte infantil.

mércores, 3 de maio de 2017

CHARLA HIXIENE POSTURAL

Coa axuda de Mª José, unha fisioterapeuta de Quiroga experta no tema, na biblioteca do cole estivemos aprendendo a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita.