Visualizacións de páxina totais

domingo, 11 de febreiro de 2018

MOCHILA VIAXEIRA

E tres novos viaxes da nosa mochila viaxeira, esta vez se marcha para a casa de Marcos, Noa
e de Lena novamente. Desfrutade moito dela!!



MARCOS (2º PRIMARIA)


NOA (1º PRIMARIA)


LENA (6º PRIMARIA)


ENTROIDO 2018

É a hora de disfrazarse!!, as ordes do Meco que elaboramos para esta semana eran ben claras, cada día había que cumplir cada unha delas, que si un antifaz, un peinado diferente ou por que non, unha prenda do revés, ata os disparatados disfraces finais.

Como ben podedes supoñer, houbo disfraces de todo tipo, o importante, dedicarlle unhas xornadas disparatadas e darlle un toque de cor á semana.

Finalmente, o venres pola tarde, organizáronse unha serie de xogos e actividades nos que participou todo o colexio.

Tamén tivemos a oportunidade de ver unha exposición de Compadres e Comadres que mostramos na entrada do cole, grazas ás familias!!

Desfrutade do Entroido!!!






SEMANA DA PAZ

Durante esta última semana de xaneiro, estivémoslle dedicando un tempo especial aos valores educativos, aproveitando que o 30 de xaneiro é o día da Paz, procuramos reunir toda unha serie de actividades dende os máis cativos aos máis maiores e expoñelas posteriormente todos xuntos elaborando un interesante mural e vídeo.

Esperamos que o desfrutedes!!!


NADAL 2017

Un ano máis chegamos ao Nadal cargados de enerxía e sorpresas para representar no festival que tivo lugar no salón de actos do concello de Ribas de Sil.

Panxoliñas varias, a visita do Apalpador, comunicación cos auténticos Reis Magos de Oriente, obra de teatro, gaiteiros e música tradicional, un pouco de todo nunha semana plagada de actividades para despedir un ano escolar 2017 que remata e darlle a benvida a un 2018 ilusionante.

FELIZ ANO A TOD@S!!!!