Visualizacións de páxina totais

luns, 28 de maio de 2018

Visita á Granxa Escola de Silleda

O pasado 14 de maio fomos de excursión a ver as instalacións da granxa escola de Silleda, onde tivemos a ocasión de realizar un obradoiro de pan, recollimos idea para o horto escolar, fixemos plantacións de leitugas, contemplamos os diferentes animais que había no recinto ou realizamos unha "gynkana" polo bosque no que cada grupo tiña que superar diferentes probas.
Foi unha xornada moi enriquecedora e realmente atractiva para o alumnado.
Diferentes imaxes da xornada!!


Momento de dificultade!!
A ver se somos capaces de alzar unha torre de carozos

Móvete que te pillo!
Futuros panadeir@s!!!















Observando o horto escolar e plantando leitugas!!

LETRAS GALEGAS 2018

Con motivo do día das Letras Galegas deste ano 2018, rendimos unha homenaxe á autora Mª Victoria Moreno, realizando lecturas dalgunhas das súas obras e recitado de poemas da obra "E haberá tirón de orellas"?
Ademais, ao longo da semana, tamén tivemos tempo a rematar uns murais na súa honra.
Este é o resultado.






venres, 4 de maio de 2018

Coñecimos instrumentos nunca vistos



O pasado mércores día 2 de Maio, grazas ao excelente traballo de Abraham Cupeiro que nos acolleu no auditorio de Ribas de Sil, tivemos a oportunidade de poder ver, e sobre todo sentir, instrumentos doutras épocas, sons prácticamente esquecidos cos que repasou a historia da música dun xeito didáctico e atractivo.

Quedámonos coa boca aberta e pasmados con algúns dos instrumentos, foi unha visita que realmente mereceu a pena.













xoves, 3 de maio de 2018

Obradoiro de pintura

E como a cabeza non nos para, decidimos empezar a pintar neumáticos, porque queremos implantar unha zona onde poidan servir de xardineiras e testos para que medren as nosas futuras plantas.
Aí tedes aos nos@s artistas coas mans na masa!

https://drive.google.com/file/d/1PxfdeOufbSCJfOESlprg1a0HECamJ4Uc/view?usp=sharing

Menudos pintores están feitos!!!