Visualizacións de páxina totais

venres, 6 de xullo de 2018

FIN DE CURSO

E chegamos un ano máis ao remate do curso escolar 2017/2018, tendo como colofón ao mago Alberte que nos veu facer unha visita ao centro para ensinarnos algún que outro truco e posteriormente deixarnos coa "boca aberta" coas súas habilidades.
Estivo xenial pero como pasa sempre, aínda nos estamos preguntando como o fixo, supoñemos que aa resposta sería: é cuestión de maxia!!!!, é un mago, neso consiste.
Por outra banda, unha vez de regreso ao cole dende o Auditorio de Ribas de Sil e ata a hora de xantar, tivemos un rato para facer xogos con auga, que estabamos desexando.
Por outra banda, este curso tamén é momento de despedidas, despedidas aos máis maiores do cole que comezan unha nova etapa no Instituto, e despedidas tamén a dous mestres que levaban varios anos xa con nós e cambian de destino para o vindeiro curso.
Así que é momento de desexarlles moita sorte a tod@s no futuro inmediato que xa lles agarda.

Esto foi todo por este curso, agardamos vir coas pilas ben cargadas!!!!

FELIZ VERÁN A TOD@S!!!


Graduación do alumnado de 6º de Primaria e de 6º de Infantil


Foto de familia cos dous profes que marchan






Algúns dos momentos do espectáculo de maxia do mago Alberte



Obradoiro de maxia

HORTO ESCOLAR

Comezamos este novo proxecto enmarcado dentro do Proxecto de Voz Natura, na que estamos a construír unha pequena horta ao aire libre e mais unha zona onde vai acoller un invernadoiro, sendo este un anaco máis grande.
comezamos esparcindo o abono e movendo a terra xa para ila preparando, e, incluso xa nos atrevimos cunha pequena plantación de patacas algunha cabaza.
Como é un proxecto a longo prazo, imos ir de xeito progresivo xa que pretendemos poder aprender moito del e desfrutar á vez.
Aí podedes ver aos futuros agricultores!!! 







VISITA DOS MAIORES DO INSTITUTO

Outro ano máis, tivemos a sorte de contar no noso cole coa visita dalgúns mozos e mozas do IES de Quiroga que nos viñeron ler un pouco de tódolos xéneros, algúns deles que xa fora antigo alumnado, así que dámoslle-las grazas pola visita e convidámolos para o vindeiro ano.


Contacontos con Sabela Gago do Grupo Sarabela

O pasado martes día 15 de maio tivemos a oportunidade de contar no centro cun contacontos a cargo de Sabela Gago que estivo fenomenal, e no que os nosos alumnos e alumnas, ademais de participar e pasalo en grande puideron comprobar a importancia da lectura.

Posteriormente elaboramos un mural coa temática do conto. Así quedaron os resultados.