Visualizacións de páxina totais

sábado, 23 de febreiro de 2019

Momentos de lecer na biblio do cole

Aproveitando o novo enfoque que se lle está a dar á biblio do noso centro, non soamente un lugar de visita obrigatoria para ir recoller exemplares bibliográficos, senón tamén unha oportunidade para desfrutar na compañía doutros facendo puzzles, xogando ao xadrez, realizando todo tipo de xogos de mesa...


HORTO ESCOLAR PARTE III

O inverno estase a despedir de nós, e é o momento de coller as ferramentas e de volta a plantar e prepara-lo terreo para a primavera, pero antes, tivemos que apañar os nabos que xa sementaramos con anterioridade.

Unha vez colocado o invernadoiro, coa axuda de papás e mamás, agora a seguinte tarefa é colocar os bancais e cava-la terra, co que pouco a pouco se foi realizando coa axuda dos nosos peculiares agricultores.



Semana da paz

Aproveitando que este ano se está a desenvolver un proxecto relacionado cos Superheroes, escollimos esta temática de fondo na semana relacionada coa Paz, e, decidimos pensar en aspectos positivos e negativos que nos suxira no día a día. Este é o resultado á entrada do cole.



De visita ao Museo Provincial e mailo Auditorio de Lugo

O pasado 25 de xaneiro tivemos a oportunidade de acudir ao Auditorio Gustavo Freire en Lugo para ver un espectáculo titulado "Burbujas de Papel" e posteriormente acudimos ao Museo Provincial de Lugo onde puidemos desfrutar duns talleres relacionados coa Prehistoria.
Pasámolo xenial e estamos desexando volver en canto teñamos a oportunidade!!