Visualizacións de páxina totais

sábado, 22 de xuño de 2019

DIARIO DE AVENTURAS




E se queredes seguir anotando aqueles eventos máis interesantes que vos sucederon durante o verán e gardalos como boas lembranzas, dende o cole propoñémosvos este diario diferente:

https://drive.google.com/file/d/158fSzYRjIFr-0amKpGgpvR8qkGbyi2cC/view?usp=sharing


Ademais,  no link de máis abaixo deixamos unha serie de recomendacións para ler durante a época estival:

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1206

Pasade un bo verán!!!!

Revista Escolar

Durante este curso foron moitas as actividades realizadas, moitas rematadas e outras iniciadas e non finalizadas, pero en definitiva supoñen diferentes experiencias, satisfacións, decepcións, que contribúen a un avance no proceso de ensino- aprendizaxe.
Entre todos quixemos elaborar esta revista coa maior dedicación posible e agardamos que de verdade vos guste.

https://drive.google.com/file/d/156U_EnofIsBKSU2I2l4WJuwO9XfquRWJ/view?usp=sharing

UN CONTACONTOS DIFERENTE

Este xoves 13 de xuño, tivemos a unha invitada de luxo, que nun ambiente diferente, fixo da biblioteca un lugar onde a igualdade, transparencia e respeto mutuo se uniran, e a través de diferentes contos para a inclusión e non discriminación, pretendeu transmitirnos a importancia destes valores entre outros.

Agardamos que vos gustara e pasarades un rato agradable e, sobre todo, lembrade as ensinanzas!!!



VISITA DE ALUMNADO DO INSTITUTO DE QUIROGA

O pasado martes 11 de xuño, alumnos e alumnas de diferentes cursos do Instituto de Quiroga, viñeron como xa é tradición, facer unha sesión de contacontos aos máis pequenos do noso cole.
Foi unha experiencia fantástica e que tivo unha moi boa acollida como de costume. Grazas ao clube de lectura, agardámosvos o vindeiro ano!!






sábado, 8 de xuño de 2019

Charla Oso Pardo

O pasado xoves día 6 de xuño, contamos coa presenza de Ana, colaboradora do Proxecto Fundación Oso Pardo, para contarnos algo máis acerca destes fermosos plantígrados, cal é o seu hábitat, alimentación, reprodución, situación actual..., en definitiva foi unha interesante charla dentro do noso proxecto levado a cabo ao longo do curso.


luns, 3 de xuño de 2019

Visita do Parque de Bombeiros

E coincidindo nesta primeira semana de xuño, tamén tivemos a visita dos bombeiros que nos ensinaron moitos trucos do seu día a día, e ata por uns intres fumos seus axudantes, ata puidemos subir ao seu maxestuoso camión, todo un luxo!!
O caso é que se aprendeu dabondo e de seguro que máis dun está desexando que veñan de volta. Ata a próxima!







Ruta Xeoparque

Dentro do programa no que estamos inmersos durante este curso, unha das actividades programadas era facer unha saída para valorar a controna e así comprobar de primeira man a xeoloxía que nos rodea.
A ruta comezou en Campodola, onde se xuntaron sobre 200 rapaz@s pasando por Leixazós e, ao longo de aproximadamente 4 kms, puidemos comprobar as fermosísimas paisaxes presentes así como os xacementos xeolóxicos e mailos pregamentos. Todo elo da man do noso habitual colaborador Moncho, ao que lle damos as grazas e quedamos pendentes ata a próxima.




Sementando Valores, recollendo igualdade

O pasado xoves día 30 de maio, realizamos un obradoiro relacionado coa igualdade, fomentando os valores inherentes nela e apostando por unha ensinanza non excluínte.
Foron varias as actividades realizadas cos monitor@es, desenvoltas por cursos diferentes. Aquí tedes algunhas imaxes.









Agardamos que actividades como esta poidan permanecer na retina pero non durante un só día, senón día tras día.