Visualizacións de páxina totais

xoves, 31 de outubro de 2019

UN SAMAÍN TERRORÍFICO

Para celebrar esta conmemoración que nos encanta, dende a biblioteca realizamos un taller de microrrelatos terroríficos.
Primeiro organizámonos en grupos heteroxéneos e fomos á biblio a lanzar os dados... a nosa sorte quedou nas mans do azar...
Por último, quizais a parte que máis nos costou, foi que entre todos e todas os do grupo debíamos elaborar un microrelato seguindo as directrices que marcaron as nosas tiradas nos dados. 
O difícil foi empezar, que unha vez demos renda solta á imaxinación saíron composicións súper orixinais e divertidas.













xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA MONSTRUOSO

Para conmemorar o día da biblioteca, fixemos un taller de marcapáxinas no que elaboramos estes divertidísimos monstruos, que xa están listos para devorar moitos libros!






luns, 21 de outubro de 2019

VISITA DOS BOLECHAS

Hoxe tivemos unha visita moi especial, os nosos amigos os Bolechas viñeron de visita ao cole.
Xunto con Braulio participamos na gravación dun episodio, en canto teñamos acceso ao vídeo calgarémolo no blog, mentres tanto velaquí unhas instantáneas en diversos momentos da mañá.






xoves, 17 de outubro de 2019

IMOS AO CONCELLO PARA APRENDER SOBRE POLÍTICA E O SEU FUNCIONAMENTO

Nas nosas aulas xurdiu a necesidade de investigar e coñecer acerca da política e o seu funcionamento, e que mellor maneira que acercarnos ás instalacións do noso concello, para coñecer de primeira man en que consiste este concepto, que a priori nos resultaba tan abstracto.
Gracias a todos e todas pola vosa atención e paciencia, gustáronnos moito as actividades que tiñades preparadas, así como o "tour" guiado. 





Ademais tamén realizamos un simulacro de mitin e votacións para entender en que consisten as eleccións.






mércores, 16 de outubro de 2019

TALLER DAS MANS DE ALFREDO E ANA

Hoxe tivemos a gran sorte de contar cuns ponentes de luxo: Ana e Alfredo, mamá e papá do noso compañeiro Xurxo (1º de primaria) que ademais son traballadores de Iberdrola.
Coincidindo co 4º aniversario da súa aprobación, o grupo Iberdrola súmase á campaña #aliadosdelosODS (promovida pola Rede Española do Pacto Mundial) para favorecer o coñecemento e difusión dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recollidos na Axenda 2030.









Moitas grazas pola vosa visita, sempre é un pracer que compartades con nós o voso tempo e experiencia, ata a próxima!

mércores, 2 de outubro de 2019

CAMIÑO DE INVERNO

Aproveitando este cálido tempo, seguimos explorando as marabillas da nosa contorna. Esta vez os máis grandes do cole embarcámonos nun pequeno tramo polo camiño de inverno que nos levou ata Monforte.



Toca repor forzas!






RETO SUPERADO!!