Visualizacións de páxina totais

mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA DA INFANCIA CON DOC

Xa que hoxe é un día especial, no que se celebra o Día Universal da Infancia, na biblioteca realizamos un pequeno taller de aproximación á robótica, na que a diferentes niveis os nosos nenos e nenas experimentaron ca linguaxe básica de programación das mans de DOC.




Temos que dicir que a actividade foi un éxito, e polo tanto o equipo da biblioteca considera adquirir máis recursos para seguir exprimindo á curiosidade do noso alumnado neste ámbito.

luns, 18 de novembro de 2019

COMPOSTEIRO

Hoxe viñeron ao cole a darnos formación sobre como iniciar e manter o composteiro que servirá para nutrir a nosa horta.
Despois dunha pequena clase teórica, puxémonos a traballar e por último sementamos unha plantiña.





 














Pero isto non queda aquí, a partires de agora quedan establecidos os grupos e tódalas semanas os encargados levarán os restos orgánicos ao composteiro, así como o resto de tarefas acordadas.

luns, 11 de novembro de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO

Hoxe marchamos a Lugo para ir ao auditorio a ver unha obra de teatro: "Radio Pirata".
Unha aventura moi tola na que só cunha escaleira, algunhas pantallas e un par de paraguas, os protagonistas foron quen de crear mundos diferentes a través de obxectos, traballo xestual e música en directo.




Porque a cultura é un pracer.

venres, 8 de novembro de 2019

STOP ACOSO

Hoxe saímos do cole para ver, no noso concello, unha obra de monicreques que nos encantou.
As personaxes principais eran nenas e nenos coma nós, aos que lles encantaba xogar e divertirse. Unha vez máis aprendimos a necesaria lección de que todos e todas somos diferentes, cada un de nós coas cosas afeccións, cos nosos gustos e motivacións, pero que temos que respetarnos, e así poder xogar todos xuntos, que é como mellor o pasamos.





domingo, 3 de novembro de 2019

BIBLIO EN OBRAS! PERDOEN AS MOLESTIAS

Todo o mundo mans á obra... levamos unhas semanas de locura na biblioteca do noso cole.
Seguindo as instrucións do PLAMBE, do que formamos parte dende hai uns anos, e despois de visitar  bibliotecas "amigas" coma de Sober, onde nos acolleron cos brazos abertos e nos deron moi bos consellos, o equipo da biblioteca decidimos reorganizar este espazo tan importante do noso centro, para responder así mellor as nosas necesidades e organizalo de maneira que favoreza a autonomía dos nosos activos.
Empezamos co expurgo e clasificación dos meteriais... non vos preocupedes polo caos, que esto non é como empeza, senón como acaba.