Visualizacións de páxina totais

mércores, 11 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA

Este ano, para celebrar a semana da prensa, traballamos con xornais e realizamos unha actividade que chamamos "TITULARES TOLOS".
Seguindo cos grupos do Proxecto de Hogwarts, cada casa tiña o reto de emparellar cada titular coa súa foto e noticia correspondente.
Ao principio parecía todo unha loucura, e fartamos a rir, pero pouco a pouco foi fácil arrexuntar cada ovella coa súa parella.








luns, 2 de marzo de 2020

A NOVA DISPOSICIÓN DA BIBLIOTECA

Así quedou a nosa biblioteca despois de tódolos cambios que vimos a realizar.
O principal obxectivo, como se pode observar, foi seguir a clasificación da CDU, tal e como se propón dentro das directrices do PLAMBE, deste modo organizamos os andeis e para facilitar a súa localización colocamos cinta de cores, para que así podaimos atopar rapidamente o libro que necesitamos.
Tamén engadimos un novo espacio, onde podemos atopar tódolos xogos da biblio (recursos que ampliamos este ano).

Por último sinalar que contamos con excelente grupo de voluntarios e voluntarias da biblio que non para de crear e deseñar pósters e axudas gráficas, que fan que este espacio sexa moito máis agradable. Debido a que este ano estamos a desenvolver un Proxecto sobre Harry Potter, esta ambientación tamén transforma este espacio.










En breves contamos que chegue o mobiliario que compramos este ano, de modo que podaimos vela por fin completamente ordenada.


venres, 21 de febreiro de 2020

PROXECTO HOGWARTS

Dende a área de Educación Física, o noso profe Jonathan propúxonos iniciar un emocionantísimo proxecto de gamificación centrado no universo de Harry Potter.

Como podedes ver neste vídeo resumo, chegaron ao cole as cartas de admisión e celebramos a cerimonia do sombreiro seleccionador. Aproveitando que estamos no entroido, transformamos TODO o cole en Hogwarts, e realizamos nós mesmos os nosos disfraces e complementos. 


Tamén podedes ver en imáxes o día tan divertido e MÁXICO que pasamos realizando unha búsqueda do tesouro con códigos QR por todas as instalacións do cole.



















Pero isto non acaba aquí... este Proxecto continúa, e os estudantes das diferentes casas atoparanse con máis retos que deberán superar, para así gañar puntos e poder levantar a COPA DAS CASAS. Ánimo, moito esforzo e a traballar duro magos e magas!!






xoves, 6 de febreiro de 2020

LECTURAS APADRIÑADAS

Aproveitando os primeiros raios de sol, despois destas semanas de choiva e máis choiva, decidimos realizar esta actividade que temos feito anos atrás e que nos encanta.
Por parellas escollemos un libro da biblioteca e saímos ao noso "xardín" para gozar dunha boa historia ou conto co noso padriño/madriña lectora, á vez que desfrutamos deste inesperado bo tempo e temperatura tan agradable.
Se xa nos gusta moito ler, nestas condicións máis todavía! 












(AMEAZAMOS CON REPETIR PORQUE NOS ENCANTOU)


xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Con motivo deste simbólico día que nos recorda a importancia de vivir en paz, xa que é a única fórmula de respecto e convivencia, no cole realizamos este mural coas "POMBIÑAS ELMER".




Ademais, coa profe Conchi preparamos a canción "Imagine" de John Lennon, e como broche final unha coreografía realizada dende a área de Música, coa profe Nuria.