Esta mañá collemos o bus e marchamos a pasar unhas horiñas coas nenas
e nenos de Quiroga, alí disfrutamos dunha xornada na que puidemos
achegarnos a coñecer un pouco máis aos membros da Garda civil e do
Seprona de Quiroga e o Caurel, con eles puidemos subirnos aos seus
coches e motos, facer soar as sereas, probar os seus cascos, chalecos...
falar con eles e coñecelos un pouco máis de cerca.
Logo
disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos
nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a
Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.
xoves, 11 de xuño de 2015
mércores, 3 de xuño de 2015
CONTACONTOS NO SIL
Hoxe mércores 3 de xuño marchamos á beira do Sil a escoitar as fermosas historias que nos trouxo Anxo Moure no seu saquiño dos contos. Seica veu dende Chantada montado no seu nubinete ata o parque do río de San Clodio.
martes, 2 de xuño de 2015
VISITA A CASTRO CALDELAS
O 29 de maio marchámonos de viaxe de fin de curso a Castro Caldelas e estes foron algúns dos mellores momentos.
luns, 18 de maio de 2015
Letras Galegas 2015
No día das Letras Galegas quixemos traballar dun xeito especial colaborando cos compañeiros en equipos que nós mesmos formamos, para entre todos crear un cómic en galego. Este foi o resultado e ben contentos que estamos.
UNHA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA
Este foi o proceso que seguimos ta chegar a Xerman na nosa biblioteca. Toda unha experiencia!.
xoves, 23 de abril de 2015
O DÍA DO LIBRO
Disfrutando dunha lectura apadriñada a carón do río Sil para celebrar esta data tan especial.
domingo, 12 de abril de 2015
O TRAXE NOVO DO REI
O xoves día 9 puidemos disfrutar dunha divertida tarde de títeres na nosa biblioteca grazas á colaboración do concello de Ribas de Sil.
E é que un conto ben contado sempre deixa un pouso fermoso na alma de todos aqueles que o escoitan.
E é que un conto ben contado sempre deixa un pouso fermoso na alma de todos aqueles que o escoitan.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)