Neste ano como en anos pasados seguimos estando moi afecionados aos libros, dvd e outros materiais viaxeiros, e é que ás Mochilas Viaxeiras que están funcionando na escola temos esta semana que sumar unha Maleta Viaxeira con material de inglés de primaria que nos acompañará ao longo dun mes para que podamos disfrutar dela.
martes, 25 de abril de 2017
venres, 14 de abril de 2017
CONVIVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN
O día 31 de marzo viñeron as nosas amigas e amigos da Pobra do Brollón a disfrutar con nós un día de convivencia no que ademais de diversión, risas e xogos tamén puidemos disfrutar dun tempo xuntos na nosa bilioteca. Como cada ano foi un pracer xuntarnos todos.
luns, 3 de abril de 2017
PINTANDO GALICIA
Nesta ocasión estivemos moi ocupados pintando a nosa Terra Galega, encántanos o arte así que nos puxemos a pintar. Divertido e superchulo.
sábado, 25 de marzo de 2017
SEMANA DA AUGA E A ÁRBORE
Na semana do 20 ao 24 de marzo de 2017.
O día 21 celébrase o Día Mundial da auga e o 22 o Día Mundial da árbore, dende a biblioteca do Ceip de San Clodio, quixemos unirnos a esta celebración e en colaboración coa Diputación de Lugo, realizáronse no noso centro diferentes actividades como unha lectura apadriñada dos maiores de primaria para as nenas e nenos de infantil e 1º de primaria dun conto co que nos agasallaron dende a Diputación así como dunha pequena árbore, " un ameneiro", a plantación deste ameneiro nun terreo cedido polo Concello de Ribas de Sil, a investigación sobre as carácterísticas desta árbore e a súa preferencia por terreos próximos a lugares húmidos, polo que é moi acaida neste caso para vivir en San Clodio, a carón do río Sil. O bautizo desta co nome de Claudio, escollido por sorteo na biblioteca e un pequeno mural no que o debuxamos entre todos.
mércores, 15 de marzo de 2017
CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA
Dentro das actividades de colaboración con distintas entidades do noso entorno, este ano temos a sorte de poder contar coa
posibilidade de cos axentes do Seprona, se acheguen ata o noso centro.
Así na biblioteca do noso cole o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é súa a
labor de protección do medio ambiente e aprender cómo podemos colaborar
nós a esta tarefa tan importante para todos.
A BIBLIOTECA ACOLLE AO PLAN DIRECTOR
O día 29 de xaneiro tivemos con nós na biblioteca do cole a Ramón, un membro do corpo
da Garda Civil, que nos veu a explicar moitas cousas interesantes sobre o
racismo e a xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria.
Unha charla informativa incluída no Plan
Director da Garda Civil coa que dende a nosa biblioteca queremos colaborar.
CARTAS POLA PAZ
Este ano ao igual que en anos anteriores quixemos xuntarnos todos na
nosa biblioteca para festexar unha data moi importante para todos nós, o
Día da Paz. Así foi como puxemos en común as cartas, poemas e debuxos
que con motivo da celebración deste día elaboramos as nenas e nenos do
Ceip de San Clodio para enviarllelas aos nosos amigos e amigas do Ceip
Ricardo Gasset do Incio, adeamis de escoitar a fermosa interpretación
que os mais maiores do noso cole fixeron do Himno da alegría.
Un bo momento para disfrutalo en boa compaña.
Un bo momento para disfrutalo en boa compaña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




