Páxinas

sábado, 25 de maio de 2019

Pablo Carpintero

Eso é, tivemos a oportunidade de contar con este gran artista e a súa muller que nos deleitaron cun percorridos dos instrumentos musicais dende a antigüidade e a súa relación cos seres humanos, dende logo, quedamos marabillados coas súas explicacións e posta en escena. Bravo por eles!








OBRADOIRO SOBRE O CONSUMO DE LÁCTEOS

Tal e como tiñamos previsto, tivemos a opción de contar cun Obradoiro sobre a importancia do consumo de lácteos, tanto dentro coma fóra da escola. Ana, a monitora encargada de impartir as sesións, presentounos á "Pandilla Láctea", coa que nos axudarán ao consumo diario de algún tipo de lácteo.
Ademais, falounos dalgunhas das propiedades dos lácteos e dos seus beneficios, así como curiosidades que non coñeciamos. Moitas grazas pola información e agradamos ata a próxima.







Charla de Educación Sexual


Durante os pasados días, tivemos a oportunidade de contar cunha magnífica charla sobre os aspectos sexuais en nenos e nenas, foi unha estupenda opción para abordar a sexualidade dende un punto de vista natural.

Convivencia co cole da Pobrta do Brollón

Como cada ano facemos unha xuntanza co cole de Pobra de Brollón, e este ano tócanos a nós de anfitrións, así que, xa que somos parte do Xeoparque Montañas de Courel, decidimos adicarlle unha xornada ao completo relacionada con este tema.
Primeiramente fumos de visita ao Museo Xeográfico de Quiroga cos máis maiores, onde, coa inestimable axuda de Moncho, puidemos ver de primeira man os avances xeolóxicos ao longo da historia, e o máis destacable da zona en canto a restos de animais.
Mentres, os máis cativos do cole, aproveitaron para facer unha visita ao Museo Etnográfico, en Quiroga tamén, onde puideron ver as características esenciais dos produtos da zona, tales como o viño, mel ou aceite, os instrumentos e aprellos máis empregados, así como moitas outras cousas.
A continuación, os máis maiores fóronse de ruta polo Concello de Ribas de Sil, para ver algunhas das zonas máis fermosas das que dispoñemos, mentres o grupo dos máis pequenos estiveron no parque da praia do río Sil.
Foi un día estupendo, e daquela estamos desexando repetir. Agardamos con impaciencia ata a próxima!.







DÍA DO LIBRO

Xusto á volta de Semana Santa, tivemos a oportunidade de celebrar o día do libro, unha xornada na que fixemos unha lectura apadriñada nos diferentes espazos do centro, podendo escoller libremente onde situarse cada neno ou nena.
Así, foi unha xornada na que inundamos o centro de lectores disfrutando do que debe ser un día para a lembranza e que pretendemos estender ao longo do curso. Aí tedes algunhas das fotos máis destacadas.




Día da árbore

Durante o pasado mes de marzo, celebramos o día da árbore, plantamos un bidueiro ao que lle chamamos "Jeff, a arboriña".
aproveitamos o día para, entre todos, facer unha lectura compartida e apadriñada dos libros doados pola Deputación ao aire libre.
Velaí vos deixamos algunhas das fotos da xornada.









SOMOS XEOPARQUE!!!

A candidatura da UNESCO vén de proclamar xeoparque ao Courel, comarca da que formamos parte xunto con Quiroga e Folgoso de Courel, é unha honra formar parte deste proxecto e no cole estamos moi contentos de poder anunciar esta nova.
Iniciado durante este curso o proxecto de Xeoparque, Montañas de Courel, agora é unha realidade e seguiremos afondando nesta materia para poder demostrar o que vale a nosa zona.


NORABOA!!!