mércores, 2 de outubro de 2019
luns, 30 de setembro de 2019
ARRANCAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Como levamos facendo os últimos anos, e ca gran aceptación desta proposta, este novo curso seguimos coas mochilas viaxeiras.
A idea é que cada neno e nena leve ao seu fogar esta pequena escolma de recursos para poder ler, compartir e sobre todo desfrutar en familia.
Esperamos que vos gusten moito, que saquedes o máximo proveito pero, sobre todo, desexando ler as vosas opinións e suxestións.
venres, 27 de setembro de 2019
SEMANA POLO CLIMA
Como non podería ser doutra manera, nós tamén participamos na semana polo clima, unha iniciativa que pretende concienciar sobre o enorme impacto do cambio climático e, sobre todo, a mobilizarnos, porque neste caso, cada aportación individual SI que importa.
23 de setembro: un minuto de silencio pola Terra
24 de setembro: levar unha camiseta verde
25 de setembro: video forum na biblioteca
26 de setembro: o noso mural
Así loce na entrada do noso cole:
"Ca luz do sol, a auga das nubes e o coidado das persoas, o noso planeta estará cheo de árbores e plantas"
27 de setembro: parón no recreo
xoves, 26 de setembro de 2019
DESCUBRINDO O XEOPARQUE
Aproveitando o día mundial do turismo, os nenos e nenas de San Clodio realizamos unha pequena ruta pola Cubela, unha das paraxes máis espectaculares do xeoparque Montañas do Courel.
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Con motivo do Día europeo das linguas, e para recordar as normas da nosa Biblio, por grupos ilustramos e traducimos a varios idiomas as regras básicas para usar e respectar este espazo común.
NORABOA UN TRABALLO EXCELENTE, e así loce na nosa porta.
NORABOA UN TRABALLO EXCELENTE, e así loce na nosa porta.
mércores, 18 de setembro de 2019
TALLER DE MARCADORES
Para favorecer a autonomía e manter a orde na biblioteca, elaboramos estes marcadores e aprendimos a empregalos... agora xa non hai escusas, nin libros perdidos.
xoves, 12 de setembro de 2019
VOLTA AO COLE E VISITA AO HORTO
Canta emoción!
Despois do ben prezado verán... chegou o momento de volver ao cole. Con moita ilusión encontrámonos cos vellos compañeiros e compañeiras e coñecimos aos novos profes, e que mellor maneira de pornos ao día que visitando e traballando un pouquiño no noso horto,... estes últimos meses deron moitos froitos (e nunca mellor dito). Así que todo o mundo mans á obra... que o seguinte será poder desfrutar destes manxares á hora do xantar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
