Ao longo deste curso escolar estase levando a cabo unha experiencia onde podemos levar ata as nosas casas diferentes materiais da biblioteca prestados para disfrutalos en familia, como unha ferramenta de apoio ao labor educativo que se desenvolve no centro. así viaxa con cada nena ou neno o luns ata a súa casa e logo vovle á semana seguinte á escola.
xoves, 3 de marzo de 2016
luns, 22 de febreiro de 2016
OS VENRES LECTURAS ACOMPAÑADAS
Neste curso estamos a levar a cabo na nosa biblioteca unha proposta un chisco diferente e certamente motivadora, que consiste en que un adulto ben a ler ou facer unha actividade con nós. Estas imaxes amosan algunhas das cousiñas que se fixeron feitas nun Obradoiro de contos, no que estivemso traballando en equipos colaborativos para inventar un conto .
SONETOS DE MANUEL MARÍA
O venres 12 de febreiro achegámonos xunto coas nosas amigas e amigos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición de Sonetos ao val de Quiroga, unha fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip e as mozas e mozos do IES, de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos.
Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, ademais alí agasalláronnos cun exemplar deste libro para cada un de nós.
sábado, 13 de febreiro de 2016
CHARLA ACOSO ESCOLAR
O día 25 de xaneiro tivemos a ocasión de aprender algo máis sobre a problemática do acoso escolar e a súa influencia na convivencia cotiá, así como estratexias sobre como afrontalo, da man de expertos do corpo da Garda Civil, que nos viñeron a explicar mellor este tema á nosa escola.
domingo, 8 de novembro de 2015
SAMAÍN 2015
Este é un resumo en imaxes das actividades que se realizaron ao longo das datas do Samaín-halloween deste ano. Contos de medo na biblioteca, inventando historias de medo en infantil, decoracións do cole, exposición de cabazas e entrega de diplomas, obradoiro de maquillaxe e moita música de medo....
martes, 16 de xuño de 2015
xoves, 11 de xuño de 2015
CONVIVENCIA CON QUIROGA
Esta mañá collemos o bus e marchamos a pasar unhas horiñas coas nenas
e nenos de Quiroga, alí disfrutamos dunha xornada na que puidemos
achegarnos a coñecer un pouco máis aos membros da Garda civil e do
Seprona de Quiroga e o Caurel, con eles puidemos subirnos aos seus
coches e motos, facer soar as sereas, probar os seus cascos, chalecos...
falar con eles e coñecelos un pouco máis de cerca.
Logo disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.
Logo disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)