Aquí temos a seguinte Anduriña, a nova revista deste ano 2017, agardamos que vos guste moito.
Bo verán a todos!
venres, 9 de xuño de 2017
venres, 2 de xuño de 2017
LECTURAS CO IES DE QUIROGA
O xoves 1 de xuño os mozos e mozas do IES de Quiroga viñeron ata o Ceip de San Clodio para facernos unhas lecturas apadriñadas aos nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria.
Deleitándonos cuns contos e poemas ben fermosos. Quedamos encantados coa experiencia e estamos desexando que se repita no vindeiro curso de novo.
Deleitándonos cuns contos e poemas ben fermosos. Quedamos encantados coa experiencia e estamos desexando que se repita no vindeiro curso de novo.
martes, 30 de maio de 2017
RECIBIMOS CARTA DENDE O INCIO
Desta vez fomos nós os que recibimos carta e esta viña dende Ceip Ricardo Gasset do Incio. Sentamos todos xuntos para abrir o sobre, e era un sobre ben grane, no que viñan unha chea de cousiñas interesantes, coas que as nenas e nenos deste cole se presentan e ademais nos agasallan cuns contiños e libriños que eles elaboraron para festexar as Letras Galegas.
Estes contos e as súas cartas de presentación acompañaránnos nos vindeiros días nas nosas aulas e seguro que con eles os poderemos coñecer moito mellor. Moitas grazas para as nosas amigas e amigos do Incio por estes fermosos traballos.

PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO
O luns 29 de maio, tivemos a oportunidade de participar no programa " Hoy por hoy" da Cadena Ser. Un programa en directo emitido dende San Clodio, adicado integramente ao noso concello, Ribas de Sil. Este programa dirixido polo locutor Juan Carlos Rodríguez emitíuse para toda a provincia de Lugo. Todo o alumnado de primaria acudiu ao salón de actos do concello para poder coñecer dende dentro como se fai un programa de radio.
Foi toda unha experiencia, e gustounos moito poder participar ao lado do noso Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega, a deputada de cultura da Diputación de Lugo, Pilar García Porto, o Tenente de alcalde Roberto Castro e Manuel Cao, quen foi parte do noso colexio ata non hai moitos anos como director e tamén profesor xunto á súa dona Pepita, entre outros. Con todos eles compartimos unha xornada moi entretida e na que aprendemos moitas cousiñas interesantes da historia do noso concello e dos plans de presente e tamén do futuro para Ribas de Sil.

mércores, 17 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS
No noso cole gústamos moito divertirnos por iso na semana
das Letras Galegas nos adicamos a disfrutar do galego a través do teatro e os
obradoiros nos que a a partir dun fermoso conto chegamos a aprender a facer pan,
e ainda algo máis incrible, a utilizar a masa para crear un cadro cheiño de
arte, arte infantil.
mércores, 3 de maio de 2017
CHARLA HIXIENE POSTURAL
Coa axuda de Mª José, unha fisioterapeuta de Quiroga experta no tema, na biblioteca do cole estivemos aprendendo a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita.
sábado, 29 de abril de 2017
DIVERMAXIA CO MAGO PACO
Este venres 28 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Unha actividade levada a cabo grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O Mago Paco é un mago moi peculiar que non para de argallar novas maxias para as nenas e nenos, nas que mestura a risa, a lectura de contos e a maxia sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de ledicia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)