Páxinas

luns, 11 de novembro de 2019

SAÍDA AO AUDITORIO

Hoxe marchamos a Lugo para ir ao auditorio a ver unha obra de teatro: "Radio Pirata".
Unha aventura moi tola na que só cunha escaleira, algunhas pantallas e un par de paraguas, os protagonistas foron quen de crear mundos diferentes a través de obxectos, traballo xestual e música en directo.




Porque a cultura é un pracer.

venres, 8 de novembro de 2019

STOP ACOSO

Hoxe saímos do cole para ver, no noso concello, unha obra de monicreques que nos encantou.
As personaxes principais eran nenas e nenos coma nós, aos que lles encantaba xogar e divertirse. Unha vez máis aprendimos a necesaria lección de que todos e todas somos diferentes, cada un de nós coas cosas afeccións, cos nosos gustos e motivacións, pero que temos que respetarnos, e así poder xogar todos xuntos, que é como mellor o pasamos.





domingo, 3 de novembro de 2019

BIBLIO EN OBRAS! PERDOEN AS MOLESTIAS

Todo o mundo mans á obra... levamos unhas semanas de locura na biblioteca do noso cole.
Seguindo as instrucións do PLAMBE, do que formamos parte dende hai uns anos, e despois de visitar  bibliotecas "amigas" coma de Sober, onde nos acolleron cos brazos abertos e nos deron moi bos consellos, o equipo da biblioteca decidimos reorganizar este espazo tan importante do noso centro, para responder así mellor as nosas necesidades e organizalo de maneira que favoreza a autonomía dos nosos activos.
Empezamos co expurgo e clasificación dos meteriais... non vos preocupedes polo caos, que esto non é como empeza, senón como acaba.



xoves, 31 de outubro de 2019

UN SAMAÍN TERRORÍFICO

Para celebrar esta conmemoración que nos encanta, dende a biblioteca realizamos un taller de microrrelatos terroríficos.
Primeiro organizámonos en grupos heteroxéneos e fomos á biblio a lanzar os dados... a nosa sorte quedou nas mans do azar...
Por último, quizais a parte que máis nos costou, foi que entre todos e todas os do grupo debíamos elaborar un microrelato seguindo as directrices que marcaron as nosas tiradas nos dados. 
O difícil foi empezar, que unha vez demos renda solta á imaxinación saíron composicións súper orixinais e divertidas.













xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA MONSTRUOSO

Para conmemorar o día da biblioteca, fixemos un taller de marcapáxinas no que elaboramos estes divertidísimos monstruos, que xa están listos para devorar moitos libros!






luns, 21 de outubro de 2019

VISITA DOS BOLECHAS

Hoxe tivemos unha visita moi especial, os nosos amigos os Bolechas viñeron de visita ao cole.
Xunto con Braulio participamos na gravación dun episodio, en canto teñamos acceso ao vídeo calgarémolo no blog, mentres tanto velaquí unhas instantáneas en diversos momentos da mañá.






xoves, 17 de outubro de 2019

IMOS AO CONCELLO PARA APRENDER SOBRE POLÍTICA E O SEU FUNCIONAMENTO

Nas nosas aulas xurdiu a necesidade de investigar e coñecer acerca da política e o seu funcionamento, e que mellor maneira que acercarnos ás instalacións do noso concello, para coñecer de primeira man en que consiste este concepto, que a priori nos resultaba tan abstracto.
Gracias a todos e todas pola vosa atención e paciencia, gustáronnos moito as actividades que tiñades preparadas, así como o "tour" guiado. 





Ademais tamén realizamos un simulacro de mitin e votacións para entender en que consisten as eleccións.