Visualizacións de páxina totais

luns, 22 de febreiro de 2016

OS VENRES LECTURAS ACOMPAÑADAS

Neste curso estamos a levar a cabo na nosa biblioteca unha proposta un chisco diferente e certamente motivadora, que consiste en que un adulto ben a ler ou facer unha actividade con nós. Estas imaxes amosan algunhas das cousiñas que se fixeron feitas nun Obradoiro de contos, no que estivemso traballando en equipos colaborativos para inventar un conto .



SONETOS DE MANUEL MARÍA

O venres 12 de febreiro achegámonos xunto coas nosas amigas e amigos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición de Sonetos ao val de Quiroga, unha fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip e as mozas e mozos do IES, de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos. Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, ademais alí agasalláronnos cun exemplar deste libro para cada un de nós.

sábado, 13 de febreiro de 2016

CHARLA ACOSO ESCOLAR

O día 25 de xaneiro tivemos a ocasión de aprender algo máis sobre a problemática do acoso escolar e a súa influencia na convivencia cotiá, así como estratexias sobre como afrontalo, da man de expertos do corpo da Garda Civil, que nos viñeron a explicar mellor este tema á nosa escola.