Visualizacións de páxina totais

luns, 22 de febreiro de 2016

SONETOS DE MANUEL MARÍA

O venres 12 de febreiro achegámonos xunto coas nosas amigas e amigos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición de Sonetos ao val de Quiroga, unha fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip e as mozas e mozos do IES, de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos. Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, ademais alí agasalláronnos cun exemplar deste libro para cada un de nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario