Visualizacións de páxina totais

sábado, 1 de decembro de 2018

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres 23 de novembro, se fixo unha escenificación do que supón o "mirar para outro lado" na violencia de xénero, diferentes representacións nas que entre todo o cole se pretendeu condenar rotundamente este tipo de comportamentos e, por suposto, concienciar dende as idades máis temperás este tipo de barbaries e abusos.
Agardamos que este tipo de leccións que se estiveron levando a cabo teñan un oco permanente nos corazóns dos cativ@s!!!!

Dende o colexio, rexeitamos con tódalas nosas forzas este tipo de conductas que se están a producir a diario!!!

UN LAVADO DE CARA

Así vai quedando a reubicación de espazos e recantos dentro da nosa biblio, a parte decorativa está tamén en proceso, pero a verdade é que xa vai collendo un pouco máis de cor.

Agardamos que vos guste! Nova distribución dos ordenadores, mercouse unha tablet a maiores para favorecer un maior acceso a equipos informáticos, distribución de espazos comúns, adquisición de novo mobiliario e cadeiras, así como reposición de novos fondos...

HORTO ESCOLAR (PARTE II)


Como ben sabedes, durante este ano temos previsto seguir avanzando no proxecto que se iniciou durante o pasado curso, e como segunda parte propuxémonos montar un invernadoiro escolar, así que coa axuda dalgúns papás e mamás, e, por suposto dos nos@s superheroes, estivemos a montar a base do que será o invernadoiro.
Previamente puidemos facernos unha idea todos xuntos da súa montaxe, e posteriormente pasamos á parte práctica.






Grazas ao papás que nos axudaron!, e, por suposto con esta axuda xa non vos conto como pode quedar unha vez poidamos cubrilo, seguiremos informando!!

AS AVENTURAS DA MULLER DE XEO

De sobra é sabido que a muller de xeo está para axudarnos usando os seus superpoderes, pero o que de verdade non se sabe é de que forma, e onde é que vive.
Moitas son as historias e lendas acerca do seu verdadeiro cometido, o que está claro é que vai comezar un percorrido de fogar en fogar para ver se nos poden axudar a coñecer un pouco máis..., iste é só o comezo.


Parece ser que nalgún momento estivo agochada entre as follas do noso patio de Infantil, non a puidemos ver porque según se di era de noite.


Outros rumores apuntan a que diariamente está nalgunha parte do comedor, e, incluso axudando cos seus superpoderes ao noso cociñeiro Javi a preparar eses deliciosos platos.
 




CARICATURAS


ESTO É UN PESADELO, NON É REAL...

Agora que cadaquén se recoñeza...


 




 




 



 




 




 






SAMAIN E MAGOSTO

Aproveitando a festividade máis terrorífica do ano, tivemos a oportunidade de contar cunhas espectaculares cabazas que elaboraron tódolos nen@s do cole e cunha presenza INESPERADA, un dos mestres JEDI apareceu polo noso centro, intentando averiguar e axudar a reconstruir á muller de xeo.
Foi unha grata sorpresa porque dende logo, non é nada doado contar coa súa presenza.
Ademais, durante a semana, houbo contos a escuras, lendas e outras historias que a máis de un seguro non se lle esquecen. Disfraces, máscaras..., e como acompañante perfecto, un magosto como fin de festa!
Aquí tedes un pequeno agasallo.