Visualizacións de páxina totais

sábado, 1 de decembro de 2018

Un universo de cine no teu concello

Dentro dun convenio de colaboración co GDR Ribeira Sacra- Courel, colaboraremos durante varias xornadas na realización dun documental sobre o noso concello.

Durante a primeira visita, estivemos visionando un documental realizado por outr@s rapac@s doutros centrs, así como coñecendo diferentes cámaras e videocámaras. Estivo estupendo, e, por uns intres, puidemos notar o que se sinte detrás das cámaras.









Ao cabo duns días, pasamos directamente á acción e convertímonos en auténticos reporteiros, grabando unhas pequenas secuencias e incluso realizando unha entrevista a unha das persoas con importancia real nas vides da zona.
Grazas ás familias!
Aí vai unha pequena mostra das nosas tomas.






Proximamente, en canto todo esté editado e os compañeir@s compartan o enlace connosco, poderedes acceder directamente ao documental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario