Visualizacións de páxina totais

sábado, 21 de abril de 2018

VISITA A POBRA DE BROLLÓN

A tradición nos di que alternativamente San Clodio e Pobra de Brollón faranse alomenos unha visita por curso, pois ben, este ano nos tocou a nós ir ata Pobra, e, xa alí, nos tiñan un montón de sorpresas preparadas.
Dende o primeiro momento, poidemos contemplar o importante destes encontros e as caras de ledicia e emoción nos rostros. Foi un día realmente bo, no que fixemos unha saída dende 3º de Primaria ata 6º para ver os restos dun castro da zona e como seguen a aparecer nas excavacións.
Posteriormente tíñannos unha actividade preparada que consistía en atopar todo tipo de obxectos que estaban soterrados, por grupos, clasificaríanos e polo tipo de obxecto deberían averiguar a quen podería pertencer no seu momento. Foi unha actividade realmente interesante e entretida.
Por outra banda, os máis cativos do colexio tamén foron de visita, neste caso ata a biblioteca municipal onde a contacontos do estilo de "O desexo do gato Klops" ou "A canción do sol".
Aínda lles quedaría tempo para xogar un pouco todos xuntos nas instalacións excepcionais do centro, xantar os dous colexios xuntos e partido de fútbol entre os máis maiores xa para despedir esta intensa xornada.
Damos as grazas como non podía ser doutra maneira a todo o equipo do colexio de A Pobra de Brollón e simplemente vos esperamos ata a próxima!!!.

Se queredes ver algunhas das imaxes, pinchade no enlace.

https://drive.google.com/open?id=1XFtt3zY8IIPr55Z5Pb7nUVUQuKCvxJWc

Obradoiro de publicidade e xoguetes

O pasado mércores día 11 de abril tivemos a oportunidade de recibir a un monitor da Escola Galega de Consumo que nos falou acerca da importancia da publicidade e o propósito das marcas comerciais con ela, un consumo responsable e, por un momento os nosos alumnos se convertiron en produtores de anuncios publicitarios, para o cal, en tres grupos diferentes elaboraron un produto co seu respectivo anuncio publicitario.
E fixádevos qué resultado tan estupendo!!




Cos máis pequenos, falamos dos xoguetes que, aínda a día de hoxe seguen a ser sexistas, nos falaron dos catálogos e revistas que as empresas seguen a sacar anualmente no que predomina a diferenza entre sexos á hora de publicita-los seus produtos. Nos ensinaron a un consumo responsable e a facernos ver que non existe un xoguete específico para nenos e outro para nenas.
Finalmente, puidemos facer unha variña MÁXICA.

Grazas á Escola Galega de Consumo e en particular ao seu monitor que nos visitou por estes excelentes obradoiros!!





DÍA DA ÁRBORE

Con motivo da semana da día da árbore, fixemos unha plantación e unha lectura compartida do libro proporcionado pola Deputación de Lugo, ademais tivemos unha visita especial, o noso alcalde, que, incluso nos axudou a plantar esta árbore entre todos.



Grazas á Deputación e ao alcalde de Ribas de Sil por esta visita!!

OS NOSOS CONTACONTOS

Como vén sendo habitual, os venres de cada semana os nosos "contacontos" baixan á aula dos "peques" de Infantil para contarlles un conto. Nos encanta a actividade e coido que a eles tamén. Mirade, mirade!!!









SEMANA DA PRENSA

Con motivo da Semana da Prensa, entre o 6 e o 10 de marzo, quixemos adicarlle unhas xornadas a sabear "bucear" nos xornais, e para iso fixemos cos maiores do cole unha busca de noticias que para todos eles e elas lles resultaran interesantes.
 A continuación agrupámolas e este foi o resultado.