Visualizacións de páxina totais

sábado, 21 de abril de 2018

VISITA A POBRA DE BROLLÓN

A tradición nos di que alternativamente San Clodio e Pobra de Brollón faranse alomenos unha visita por curso, pois ben, este ano nos tocou a nós ir ata Pobra, e, xa alí, nos tiñan un montón de sorpresas preparadas.
Dende o primeiro momento, poidemos contemplar o importante destes encontros e as caras de ledicia e emoción nos rostros. Foi un día realmente bo, no que fixemos unha saída dende 3º de Primaria ata 6º para ver os restos dun castro da zona e como seguen a aparecer nas excavacións.
Posteriormente tíñannos unha actividade preparada que consistía en atopar todo tipo de obxectos que estaban soterrados, por grupos, clasificaríanos e polo tipo de obxecto deberían averiguar a quen podería pertencer no seu momento. Foi unha actividade realmente interesante e entretida.
Por outra banda, os máis cativos do colexio tamén foron de visita, neste caso ata a biblioteca municipal onde a contacontos do estilo de "O desexo do gato Klops" ou "A canción do sol".
Aínda lles quedaría tempo para xogar un pouco todos xuntos nas instalacións excepcionais do centro, xantar os dous colexios xuntos e partido de fútbol entre os máis maiores xa para despedir esta intensa xornada.
Damos as grazas como non podía ser doutra maneira a todo o equipo do colexio de A Pobra de Brollón e simplemente vos esperamos ata a próxima!!!.

Se queredes ver algunhas das imaxes, pinchade no enlace.

https://drive.google.com/open?id=1XFtt3zY8IIPr55Z5Pb7nUVUQuKCvxJWc

Ningún comentario:

Publicar un comentario