Visualizacións de páxina totais

sábado, 6 de abril de 2019

CHARLA SOBRE O MEL


Durante esta semana, tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Beatriz, excelente persoa que forma parte do Consello Regulador do Mel de Galicia, que veu darnos unha interesante charla sobre as súas características, tipos de abellas, realización e... ATA NOS DEU UN PEQUENO AGASALLO, que seguro a máis de un non lle molestou en absoluto!!!


Pouco despois, puidemos desfrutar do proxecto que están a traballar os "peques" do cole, incluso vimos un antigo cortizo ben conservado, onde se elaboraba o mel antigamente.



Beatriz, nos mostrou o traxe de apicultor e puidemos probalo!!!





PEN PALS, cartas compartidas

Iniciamos tamén durante este segundo trimestre un intercambio moi interesante co cole de Ferreira de Pantón, xa que estamos a escribirnos cartas cos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
Escribímolas en Inglés e en galego, e logo dos pasos iniciais, pouco a pouco xa nos imos coñecendo máis, esperemos que esto poida rematar en visita e coñecemento en persoa.
De momento, os resultados son ben interesantes e así de emocionados estaban ao chegar as cartas.



PROXECTO DO XEOPARQUE, MONTAÑAS DE COUREL

Xa durante este segundo trimestre, iniciamos un proxecto realmente interesante, un proxecto que engloba a tres concellos que forman parte do lugar do que estamos a falar, trátase do Courel e das súas montañas, que son candidatas a Patrimonio pola Unesco.
Pois ben, dentro desta aposta decidida, comezamos este fermoso proxecto que terá moito e maior recorrido ao longo dos meses, este é só un principio, e, que incialmente pretende dar a coñecer a zona na que estamos, a riqueza xeolóxica da que dispoñemos ao noso arredor.
Para iso, coa inestimable axuda de Moncho, encargado do Museo Xeolóxico de Quiroga, nos deu a coñecer a enorme riqueza da zona, foi unha charla interesante na que basearse para iniciar este proxecto. 
Vos iremos informando segundo vaiamos progresando.











Incluso nos mostrou fósiles da zona que se conservan en perfecto estado.
Proximamente expoñeremos algúns dos minerais que imos conseguindo coa axuda das familias. Veredes, veredes.

PROXECTO SUPERHEROES, POR QUÉ NON?


Durante o curso xa sabedes que estamos inmersos nunha continua formación de superhereoes, queremos seguir traballando e por qué non acadar resultados coma este que nos plantexamos?
A por todas imos!!!

ENTROIDO

Durante esta semana de Entroido, nos disfrazamos de superheroes, viñeron os compadres, as comadres, fixemos talleres varios, bailamos, xogamos, nos divertimos e, en definitiva, pasámolo en grande nesta semana de disfraces.


Día de Rosalía


O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, e quixemos adicarlle un anaco moi especial a esta importante escritora galega, realizando un recitado de poemas varios entre todo o colexio.
Ademais ao longo da semana previa e posterior se estiveron realizando varios traballos en aula e biblioteca.