Visualizacións de páxina totais

sábado, 6 de abril de 2019

PROXECTO DO XEOPARQUE, MONTAÑAS DE COUREL

Xa durante este segundo trimestre, iniciamos un proxecto realmente interesante, un proxecto que engloba a tres concellos que forman parte do lugar do que estamos a falar, trátase do Courel e das súas montañas, que son candidatas a Patrimonio pola Unesco.
Pois ben, dentro desta aposta decidida, comezamos este fermoso proxecto que terá moito e maior recorrido ao longo dos meses, este é só un principio, e, que incialmente pretende dar a coñecer a zona na que estamos, a riqueza xeolóxica da que dispoñemos ao noso arredor.
Para iso, coa inestimable axuda de Moncho, encargado do Museo Xeolóxico de Quiroga, nos deu a coñecer a enorme riqueza da zona, foi unha charla interesante na que basearse para iniciar este proxecto. 
Vos iremos informando segundo vaiamos progresando.











Incluso nos mostrou fósiles da zona que se conservan en perfecto estado.
Proximamente expoñeremos algúns dos minerais que imos conseguindo coa axuda das familias. Veredes, veredes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario