Visualizacións de páxina totais

sábado, 25 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS

Ao longo da semana do 17 de maio, estivemos realizando actividades relacionadas co autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, e, entre todos, cosntruimos un mural con verbas relacionadas coa nosa lingua, obra e/ou vida de dito autor. O resultado é o seguinte.




De visita ao Instituto

Como cada ano, realizouse unha visita ao Instituto da zona, en Quiroga, cos alumnos maiores do cole, os dous nenos que temos neste caso en 6º de Primaria.
Alí puideron comprobar as dependencias e as que serán as súas aulas.


DÍA DE EXCURSIÓN

E chegou un dos días máis esperados, este ano tivemos a oportunidade de ir a Paradela de Muces, preto de Ponferrada, un parque multiaventura no que houbo actividades varias para desfrutar, dende tirolina, ata rocódromo, tiro con arco, paintball ou rodillo acuático.
Comimos nas propias dependencias e ata coñecimos a dúas pequenas compañeiras de viaxe, Pamela e Piluca.
Foi un día estupendo, e máis de un, xa dicía que aí tódolos anos de excursión.









HORTO ESCOLAR PARTE IV

E agora que xa estamos inmersos en plena primavera, toca coller os bártulos e lanzarnos á horta do noso cole, e máis aínda cando xa temos os sistema de regadío e os bancais practicamente a punto, o caso é que seguimos adiante na construcción da nosa horta e desfrutando e entendendo o ciclo das plantas.
Nesta ocasión, plantamos unhas frambuesas e uns calabacíns e cabaciñas, ademais de sachar os nabos e preparar a horta cuns tomates. Aí tedes os resultados.






Pablo Carpintero

Eso é, tivemos a oportunidade de contar con este gran artista e a súa muller que nos deleitaron cun percorridos dos instrumentos musicais dende a antigüidade e a súa relación cos seres humanos, dende logo, quedamos marabillados coas súas explicacións e posta en escena. Bravo por eles!








OBRADOIRO SOBRE O CONSUMO DE LÁCTEOS

Tal e como tiñamos previsto, tivemos a opción de contar cun Obradoiro sobre a importancia do consumo de lácteos, tanto dentro coma fóra da escola. Ana, a monitora encargada de impartir as sesións, presentounos á "Pandilla Láctea", coa que nos axudarán ao consumo diario de algún tipo de lácteo.
Ademais, falounos dalgunhas das propiedades dos lácteos e dos seus beneficios, así como curiosidades que non coñeciamos. Moitas grazas pola información e agradamos ata a próxima.







Charla de Educación Sexual


Durante os pasados días, tivemos a oportunidade de contar cunha magnífica charla sobre os aspectos sexuais en nenos e nenas, foi unha estupenda opción para abordar a sexualidade dende un punto de vista natural.

Convivencia co cole da Pobrta do Brollón

Como cada ano facemos unha xuntanza co cole de Pobra de Brollón, e este ano tócanos a nós de anfitrións, así que, xa que somos parte do Xeoparque Montañas de Courel, decidimos adicarlle unha xornada ao completo relacionada con este tema.
Primeiramente fumos de visita ao Museo Xeográfico de Quiroga cos máis maiores, onde, coa inestimable axuda de Moncho, puidemos ver de primeira man os avances xeolóxicos ao longo da historia, e o máis destacable da zona en canto a restos de animais.
Mentres, os máis cativos do cole, aproveitaron para facer unha visita ao Museo Etnográfico, en Quiroga tamén, onde puideron ver as características esenciais dos produtos da zona, tales como o viño, mel ou aceite, os instrumentos e aprellos máis empregados, así como moitas outras cousas.
A continuación, os máis maiores fóronse de ruta polo Concello de Ribas de Sil, para ver algunhas das zonas máis fermosas das que dispoñemos, mentres o grupo dos máis pequenos estiveron no parque da praia do río Sil.
Foi un día estupendo, e daquela estamos desexando repetir. Agardamos con impaciencia ata a próxima!.







DÍA DO LIBRO

Xusto á volta de Semana Santa, tivemos a oportunidade de celebrar o día do libro, unha xornada na que fixemos unha lectura apadriñada nos diferentes espazos do centro, podendo escoller libremente onde situarse cada neno ou nena.
Así, foi unha xornada na que inundamos o centro de lectores disfrutando do que debe ser un día para a lembranza e que pretendemos estender ao longo do curso. Aí tedes algunhas das fotos máis destacadas.




Día da árbore

Durante o pasado mes de marzo, celebramos o día da árbore, plantamos un bidueiro ao que lle chamamos "Jeff, a arboriña".
aproveitamos o día para, entre todos, facer unha lectura compartida e apadriñada dos libros doados pola Deputación ao aire libre.
Velaí vos deixamos algunhas das fotos da xornada.