Visualizacións de páxina totais

sábado, 25 de maio de 2019

Convivencia co cole da Pobrta do Brollón

Como cada ano facemos unha xuntanza co cole de Pobra de Brollón, e este ano tócanos a nós de anfitrións, así que, xa que somos parte do Xeoparque Montañas de Courel, decidimos adicarlle unha xornada ao completo relacionada con este tema.
Primeiramente fumos de visita ao Museo Xeográfico de Quiroga cos máis maiores, onde, coa inestimable axuda de Moncho, puidemos ver de primeira man os avances xeolóxicos ao longo da historia, e o máis destacable da zona en canto a restos de animais.
Mentres, os máis cativos do cole, aproveitaron para facer unha visita ao Museo Etnográfico, en Quiroga tamén, onde puideron ver as características esenciais dos produtos da zona, tales como o viño, mel ou aceite, os instrumentos e aprellos máis empregados, así como moitas outras cousas.
A continuación, os máis maiores fóronse de ruta polo Concello de Ribas de Sil, para ver algunhas das zonas máis fermosas das que dispoñemos, mentres o grupo dos máis pequenos estiveron no parque da praia do río Sil.
Foi un día estupendo, e daquela estamos desexando repetir. Agardamos con impaciencia ata a próxima!.







Ningún comentario:

Publicar un comentario