Visualizacións de páxina totais

sábado, 30 de decembro de 2017

HORA DE LER

Semanalmente, programamos unha actividade motivante que consiste en que un dos nenos ou nenas de Primaria lles lea un conto aos máis pequenos do cole.
É realmente útil e ademais lles encantada, fixádevos!!



MARTA


                       
                                  XOEL E LÚA

   
                                                   
           
ANDREA

MOCHILA VIAXEIRA

E a nosa mochila segue voando de fogar en fogar, tocándolle estas últimas semanas visitar as casas de:

CARLA BALDONEDO (3º PRIMARIA)


FERNANDO (3º PRIMARIA)

ANXO 2º PRIMARIA)

LÚA (4º PRIMARIA)

ANDREA (4º PRIMARIA)

DIEGO (2º PRIMARIA)

HUGO OTERO (4º PRIMARIA)

ÁLEX (5º PRIMARIA)

RODRIGO (4º PRIMARIA)

ACTIVIDADES VARIAS

Dentro do uso que pretendemos darlle á biblioteca, atópanse algunhas das actividades que se desenvolven no centro, sempre coa intención de que este espazo sexa o principal "motor" e referente do que parta a aprendizaxe.




Nenos e nenas durante a hora de ler





Os maiores do cole ensaiando a obra que representarán durante o Nadal ante a atenta mirada do resto de compañeiros e compañeiras de Primaria



Un dos momentos en que unha alumna lles le e representa un conto ao resto (cada venres de cada semana)

SAÍMOS DE EXPEDICIÓN

Esta terceira semana de Novembro, cos maiores do cole aproveitamos para saír polos arredores do centro en busca de todo tipo de follas para posteriormente deseñar figuras con elas.
Foi unha experiencia fermosa, e pasámolo en grande.

Velaí deixamos algunhas fotos.



sábado, 11 de novembro de 2017

MOCHILA VIAXEIRA

A nosa Mochila Viaxeira voou durante as pasadas semanas nos fogares de Leo, Xoel, Iker, Marta, Fabián e Carla Vázquez. Desfrutade moito dela!!.


XOEL (6º PRIMARIA)

LEO (3º PRIMARIA) 




                                                                       
IKER (3º PRIMARIA)


                            MARTA (6º PRIMARIA)


             
                                                                                           
                       FABIÁN (5º PRIMARIA)



CARLA VÁZQUEZ (3º PRIMARIA)

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA SOLIDARIA E CALZADO

Un ano máis o Ceip de San Clodio colabora coa Campaña Solidaria Mariola para a recollida de roupa e calzado usado.

Velaí as fotos de todo o que conseguimos achegar entre todos e todas. Moitas grazas pola vosa colaboración.



SAMAÍN E MAGOSTO 2017

O pasado 30 de outubro celebramos o magosto e samaín e expuxemos algunhas das actividades realizadas ao longo da semana previa.


       
           AS PORTAS DAS CLASES DECORADAS...





MOCHILA VIAXEIRA

A nosa mochila segue viaxando de fogar en fogar e esta semana foi o turno de Bran e Hugo Álvarez.


BRAN (6º PRIMARIA)


HUGO ÁLVAREZ (3º PRIMARIA)

luns, 9 de outubro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

A nosa "Mochila Viaxeira" empezou a xirar esta semana, que vai visitar os fogares de Lena e Erik!




                                                           Erik (3º Primaria)




                                                           Lena (6º Primaria)

sábado, 7 de outubro de 2017

DE PERCORRIDO POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

PERCORRIDO POLO CAMIÑO DE INVERNO

Este pasado mércores 4 de outubro tivemos a oportunidade de percorrer un tramo do Camiño de Inverno a Santiago, entre San Lourenzo (Concello de Pantón), e Barxa- Fixón (Concello de O Saviñao), compartindo con outros centros de diferentes localidades.

Posteriormente, fixemos unha visita ao Pazo de Arxeriz, voltando ao colexio despois de comer co colexio de Quiroga co que compartimos viaxe. Foi unha experiencia fantástica!!, esperamos voltar de novo.
Velaí tedes unhas fotos da nosa andaina.


Comezando a andaina por preciosos paisaxes

Xa na entrada ao Pazo

De visita no interior do Pazo





venres, 9 de xuño de 2017

REVISTA ANDURIÑA DE 2017

Aquí temos a seguinte Anduriña, a nova revista deste ano 2017, agardamos que vos guste moito.
Bo verán a todos!


venres, 2 de xuño de 2017

LECTURAS CO IES DE QUIROGA

O xoves 1 de xuño os mozos e mozas do IES de Quiroga viñeron ata o Ceip de San Clodio para facernos unhas lecturas apadriñadas aos nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria.
Deleitándonos cuns contos e poemas ben fermosos. Quedamos encantados coa experiencia e estamos desexando que se repita no vindeiro curso de novo.


martes, 30 de maio de 2017

RECIBIMOS CARTA DENDE O INCIO

Desta vez fomos nós os que recibimos carta e esta viña dende Ceip Ricardo Gasset do Incio. Sentamos todos xuntos para abrir o sobre, e era un sobre ben grane, no que viñan unha chea de cousiñas interesantes, coas que as nenas e nenos deste cole se presentan e ademais nos agasallan cuns contiños e libriños que eles elaboraron para festexar as Letras Galegas.
Estes contos e as súas cartas de presentación acompañaránnos nos vindeiros días nas nosas aulas e seguro que con eles os poderemos coñecer moito mellor. Moitas grazas para as nosas amigas e amigos do Incio por estes fermosos traballos.









PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO

O luns 29 de maio, tivemos a oportunidade de participar no programa " Hoy por hoy" da Cadena Ser. Un programa en directo emitido dende San Clodio, adicado integramente ao noso concello, Ribas de Sil. Este programa dirixido polo locutor Juan Carlos Rodríguez emitíuse para toda a provincia de Lugo. Todo o alumnado de primaria acudiu ao salón de actos do concello para poder coñecer dende dentro como se fai un programa de radio.
Foi toda unha experiencia, e gustounos moito poder participar ao lado do noso Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega, a deputada de cultura da Diputación de Lugo, Pilar García Porto, o Tenente de alcalde Roberto Castro e Manuel Cao, quen foi parte do noso colexio ata non hai moitos anos como director e tamén profesor xunto á súa dona Pepita, entre outros. Con todos eles compartimos unha xornada moi entretida e na que aprendemos moitas cousiñas interesantes da historia do noso concello e dos plans de presente e tamén do futuro para Ribas de Sil.

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

No noso cole gústamos moito divertirnos por iso na semana das Letras Galegas nos adicamos a disfrutar do galego a través do teatro e os obradoiros nos que a a partir dun fermoso conto chegamos a aprender a facer pan, e ainda algo máis incrible, a utilizar a masa para crear un cadro cheiño de arte, arte infantil.

mércores, 3 de maio de 2017

CHARLA HIXIENE POSTURAL

Coa axuda de Mª José, unha fisioterapeuta de Quiroga experta no tema, na biblioteca do cole estivemos aprendendo a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita.

sábado, 29 de abril de 2017

DIVERMAXIA CO MAGO PACO

Este venres 28 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Unha actividade levada a cabo grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O Mago Paco é un mago moi peculiar que non para de argallar novas maxias para as nenas e nenos, nas que mestura a risa, a lectura de contos e a maxia sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de ledicia.

O PASAPORTE LECTOR

Unha das actividades que se manteñen ao longo do ano en infantil e o servizo de préstamo no que semanalmente cada vernres as nenas e nenos de infantil levan un conto para ler na casa en familia e do que logo trearán feita unha pequena tarefa coa que ao fin de curso se elabora un libro cheiño de páxonas feitas por eles, páxinas que falan dos contos que leron e das cousas que máis lles gustaron destes, un traballo que recolle a súa ledicia e o seu esforzo de todo o ano, que se ve reconpemsado cun pasaporte lector  QUE CONSEGUEN AO REMATAR O CURSO.



A LECTURA E ESCRITURA INFANTIL

Especialmente dedicado á estimunlación da lectura para os nenos de infantil temos o Recanto de Biblioteca, acondicionado cunha estantería cheiña de libros para ver, ler e disfrutar e unha pequeniña Tenda Pirata con coxíns e onde nenas e nenos se poden agochar a disfrutar do seu conto preferido cada día.
Temos tamén o Recanto dos Contos, onde se realizan actividades de lectura de contos, de xogos de lectoescritura, de composición de historias colectivas, contos viaxeiros... deixando que a imaxinación e a creatividade agrome e nos permita desenvolver as nosas habilidades artísticas e/ou literarias. O cal se amosa ao longo do tempo na producción de diversos materiais.
E É QUE PARA NÓS TODO O ANO É O DÍA DO LIBRO, non so o 23 de abril.


martes, 25 de abril de 2017

ESTAMOS MOI VIAXEIROS

Neste ano como en anos pasados seguimos estando moi  afecionados aos libros, dvd e outros materiais viaxeiros, e é que ás Mochilas Viaxeiras que están funcionando na escola temos esta semana que sumar unha Maleta Viaxeira con material de inglés de primaria que nos acompañará ao longo dun mes para que podamos disfrutar dela.




venres, 14 de abril de 2017

CONVIVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN

O día 31 de marzo viñeron as nosas amigas e amigos da Pobra do Brollón a disfrutar con nós un día de convivencia no que ademais de diversión,  risas e xogos tamén puidemos disfrutar dun tempo xuntos na nosa bilioteca. Como cada ano foi un pracer xuntarnos todos.