Visualizacións de páxina totais

sábado, 29 de abril de 2017

A LECTURA E ESCRITURA INFANTIL

Especialmente dedicado á estimunlación da lectura para os nenos de infantil temos o Recanto de Biblioteca, acondicionado cunha estantería cheiña de libros para ver, ler e disfrutar e unha pequeniña Tenda Pirata con coxíns e onde nenas e nenos se poden agochar a disfrutar do seu conto preferido cada día.
Temos tamén o Recanto dos Contos, onde se realizan actividades de lectura de contos, de xogos de lectoescritura, de composición de historias colectivas, contos viaxeiros... deixando que a imaxinación e a creatividade agrome e nos permita desenvolver as nosas habilidades artísticas e/ou literarias. O cal se amosa ao longo do tempo na producción de diversos materiais.
E É QUE PARA NÓS TODO O ANO É O DÍA DO LIBRO, non so o 23 de abril.


Ningún comentario:

Publicar un comentario