Visualizacións de páxina totais

sábado, 29 de abril de 2017

DIVERMAXIA CO MAGO PACO

Este venres 28 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Unha actividade levada a cabo grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O Mago Paco é un mago moi peculiar que non para de argallar novas maxias para as nenas e nenos, nas que mestura a risa, a lectura de contos e a maxia sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de ledicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario