Visualizacións de páxina totais

sábado, 29 de abril de 2017

DIVERMAXIA CO MAGO PACO

Este venres 28 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Unha actividade levada a cabo grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O Mago Paco é un mago moi peculiar que non para de argallar novas maxias para as nenas e nenos, nas que mestura a risa, a lectura de contos e a maxia sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de ledicia.

O PASAPORTE LECTOR

Unha das actividades que se manteñen ao longo do ano en infantil e o servizo de préstamo no que semanalmente cada vernres as nenas e nenos de infantil levan un conto para ler na casa en familia e do que logo trearán feita unha pequena tarefa coa que ao fin de curso se elabora un libro cheiño de páxonas feitas por eles, páxinas que falan dos contos que leron e das cousas que máis lles gustaron destes, un traballo que recolle a súa ledicia e o seu esforzo de todo o ano, que se ve reconpemsado cun pasaporte lector  QUE CONSEGUEN AO REMATAR O CURSO.



A LECTURA E ESCRITURA INFANTIL

Especialmente dedicado á estimunlación da lectura para os nenos de infantil temos o Recanto de Biblioteca, acondicionado cunha estantería cheiña de libros para ver, ler e disfrutar e unha pequeniña Tenda Pirata con coxíns e onde nenas e nenos se poden agochar a disfrutar do seu conto preferido cada día.
Temos tamén o Recanto dos Contos, onde se realizan actividades de lectura de contos, de xogos de lectoescritura, de composición de historias colectivas, contos viaxeiros... deixando que a imaxinación e a creatividade agrome e nos permita desenvolver as nosas habilidades artísticas e/ou literarias. O cal se amosa ao longo do tempo na producción de diversos materiais.
E É QUE PARA NÓS TODO O ANO É O DÍA DO LIBRO, non so o 23 de abril.


martes, 25 de abril de 2017

ESTAMOS MOI VIAXEIROS

Neste ano como en anos pasados seguimos estando moi  afecionados aos libros, dvd e outros materiais viaxeiros, e é que ás Mochilas Viaxeiras que están funcionando na escola temos esta semana que sumar unha Maleta Viaxeira con material de inglés de primaria que nos acompañará ao longo dun mes para que podamos disfrutar dela.




venres, 14 de abril de 2017

CONVIVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN

O día 31 de marzo viñeron as nosas amigas e amigos da Pobra do Brollón a disfrutar con nós un día de convivencia no que ademais de diversión,  risas e xogos tamén puidemos disfrutar dun tempo xuntos na nosa bilioteca. Como cada ano foi un pracer xuntarnos todos.




luns, 3 de abril de 2017

PINTANDO GALICIA

Nesta ocasión estivemos moi ocupados pintando a nosa Terra Galega, encántanos o arte así que nos puxemos a pintar. Divertido e superchulo.